9788440691583
AMBULANCIA
SUSO DE TORO SANTOS
Editorial: Ediciones B Fecha de publicación: 19/02/2002 Páginas: 176Formato: Rústica
www.paquebote.com > Suso De Toro
INFANTIL JUVENIL CATALAN
EDICIÓN LITERARIA-CRÓNICA-.
SERIE ROJA
1ª edición.
INFANTIL JUVENIL GALLEGO
O pensamento lúcido e sen pexas de Suso de Toro exprésase con contundencia e orixinalidade a través das páxinas deste libro. A tensión da imaxinación creadora amósase nos seus aforismos, a súa visión sobre a tradición literaria galega recóllese nos relatos que fai de autores coma Rosalía de Castro, Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro e a súa capacidade crítica reflíctese na análise dalgunhas cuestións fundamentais da cultura galega, desde a lingua á imaxe de si mesmos que os galegos teñen interiorizada.
" Caixón desastre " (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor " simbiótico " , pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular.
Esta edición de " Caixón desastre " , o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. " De 10 a 11 " " A paixón segundo San Mateo " é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; " Aquí somos así, positivamente " quizais sexa o preferido do autor, e " Efecto astronauta " cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.
Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimental na memoria do gran compositor. Todo o que relata o autor conta con documentación da época, excepto a propia visita do músico, da cal non hai constancia certa.